viernes, 21 de noviembre de 2014

Entrevistamos a Marisa Crespo Rosales

 
 
 
 
Quen é a artista Marisa Crespo Rosales?
Marisa C. Rosales, natural de Marín e residente en Moaña, empezou no ano 2008 en clases de debuxo e no 2009 cos pinceis da man de Xavier Ríos.


A quen está dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?
A miña obra, ó ser de estilo realista, vai dirixida a todo tipo de público.
Pretendo que as miñas creacións teñan vida, te inviten a pararte e a emocionarte.



 
Por que expor a túa obra nestes intres? e, que te levou no seu día a lanzarte ao
mundo artístico?

Para mostrar paisaxes e elementos da miña terra: hórreos, muíños, natureza...e que a xente poida disfrutar véndoa tanto como eu creándoa.

Unha amiga invitoume a ir con ela a unhas clases de debuxo, dende entón, intento progresar tanto nesta modalidade como en pintura. Gustoume tanto que sinto que xa non quero deixalas.


Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a túa pintura?

A xente gústalle porque é variada. Consta de unha serie de debuxos en lapis (na súa maioría hórreos), pinturas en acrílico (principalmente figuras femininas, flores, etc) e tamén óleos de paisaxes, mariñas... A última e unha colección de óleos sobre lenzo titulada “A planta do pé”, é variada, sinxela, de cores vivas, o resultado e unha obra xoven e orixinal.
 
 
Supoño que coñeces a tendencia denominada speed painting, que consiste no “Bosquexo” 
ou “Exercicio” realizado no proceso previo de creación dunha imaxe utilizando medios dixitais ou medios tradicionais como o Debuxo e a Pintura.
Tendo en conta cara onde camiña a forma de crear e pintar.

Como concibes esta nova forma de pintar. Integralas nos teus cadros?
 Si, por suposto. Antes de lanzarme á obra definitiva sempre fago unha serie de bocexos previos ata que dou co resultado desexado.
Identificaste con algún estilo artístico en concreto?

Non me identifico con ningún en particular, é o meu estilo, ao meu xeito.

 
Que quere transmitir Marisa C. Rosales cos seus cadros?
Pretendo transmitir sensación de benestar: as emocións das plantas, a paz que dan os
paisaxes e a alegría das flores.
Que che gustaría aportar á comunidade da arca da arte?
 
Dar a coñecer a miña obra e que sigades dando oportunidades e apoiando o arte.




 

jueves, 25 de septiembre de 2014

Exposición Antón Pulido

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN ANTOLÓXICA  de ANTÓN PULIDO.
CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN VIGO.
Rúa Policarpo Sanz, 13.
Este xoves, 25 de setembro ás 20.00 h.



 

viernes, 12 de septiembre de 2014

O realmente importante é que poida sentila pero sobre todo escoitala






Quen é o artista Henrique Prado? 


Unha pinga de auga no mar.

A quen está dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?

A miña obra está dirixida a calquera persoa de calquera idade, estudos , condición social ou económica; o realmente importante é que poida sentila pero sobre todo escoitala.
 
 
 
TRANSTUM

Medidas: 130cm x 60cm x 35cm
Materias: tronco de carballo e P.R.F.V
 
Obra das series raices: Esta obra e unha obra mixta feita en raíz de carballo, fibra de vidro resina e pastas pigmentadas, representa a nosa clase politica a cal nos quere enganar mostandonos unha falsa imaxe de fortaleza, honradez e transparencia. Cando a realidade todos sabemos cal é.

 
Por que expor a túa obra nestes intres? e, que te levou no seu día a lanzarte ao mundo artístico?

É unha inquedanza que tiven dende cativo, pero por diversos motivos a raíz dunha mala experiencia botei moitos anos con pouca actividade creativa. Fai uns 5 anos, grazas ao apoio da familia e amigos, decidín espertar.

 
O XORNALISTA

Serie: LIBRE. Pizarra de Cervantes e arenisca.

Representa aos rapaces repartidores de xornais
os cales estaban sometidos a un gran esforzo fisico e o maltrato do tempo.




Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a túa obra?


Quero pensar que as persoas que realmente lles guste a miña obra están en clara sintonía coa miña forma de pensar, facer ou sentir, e senón sempre queda a visión estética da obra.

Que relación existe entre a pintura e a escultura?

No meu caso non existe xa que teño moi poucas obras en pintura, simplemente non me atrae como  transmisión das miñas inquedanzas,  por suposto admiro a quen si é capaz de transmitir a través dela.



 
NAUFRAGO

Serie: O MAR. Abstracto en madeira de sapelly.

Representa a un naufrago o cal está preso polas ondas as cales a penas lle prermiten sacar a cabeza a flote,
esta obra ten a peculiaridade de que o xirala 90 grados ves as ondas do mar embravecidas.



En escultura buscas o material concreto para a obra que tes pensada, ou esta é independente do material empregado?

Por suposto que os materiais que elixo para darlle vida ás miñas obras os selecciono, xa que normalmente forman parte da mensaxe a transmitir o igual que as texturas, formas ou cores.


 
AQUELARRE NA PRAIA DAS AREAS GORDAS

Serie: MITOS E LENDAS. P.R.F.V. madeira e led.

Representa a unha das lendas que mais sona teñen no Morrazo, esta era a xuntanza que tñan as meigas na praia de Rodeira (Coiro) para convocar os espiritus do mal
o cal representa Belcebú en forma de macho cabrío.



Identifícaste con algún estilo artístico en concreto?

Nunha conversa que tiven non fai moito con unha critica de arte que ademais impartía clases na universidade  dicíame que podería estar dentro dun surrealismo figurativo , pero que como a maioría dos autodidactas: “ soen crear un estilo propio”.

“A escultura como medio para incidir na realidade”. E isto certo no teu caso?

Calquera tipo de expresión plástica vale para transmitir, persoalmente coido que transmisión e difusión van collidas da man, xa que a hora de verter unha critica se non é difundida non chega a mensaxe por tanto a obra non cumpre o fin para o cal foi creada.


 
 
TREBOADA

Serie: O MAR P.R.F.V. e laxa N.D.

Representa a unha parella da cal sae o mellor ante unha adversidade non solo pertenece unida
se non reforza os sus vinculos afectivos.



Que che gustaría aportar á comunidade da arca da arte?

Estou  a disposición de calquera que teña un proxecto e considere que poida colaborar nel.

 
 
Post Hominium Memoriam (Dende que o mundo e mundo)
Medidas: 590cm x 120cm x 100cm
Materiais: refugallos de ferro e P.R.F.V.

Esta obra e unha homenaxe a xente que desgrazadamente sufriu violencia de xenero e representa o equlibrio da convivenza entre o home e a muller a pesar das diferenzas de ver e de sentir as cousas. en esta obra representanse tamén o estado de animo a través das cores dos persoaxes. Esta obra foi premiada na V bienal o val dos sonos (Madrid)
 

 O autor na rede:

https://www.facebook.com/henrique.prado.710

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/04/20/escultura-cangues-henrique-prado-premiada/1008042.HTML


viernes, 5 de septiembre de 2014

viernes, 29 de agosto de 2014

OFICIO DE PINTOR, OFICIO DE VIVIR.

Este documental presenta lo sorprendente del proceso de inspiración, gestación y culminación de dos cuadros por dos pintores con dos estilos diferentes pero unidos por la soledad del trabajo y la lealtad a la obra.
Un repaso a la vida y a la obra de los pintores JOSÉ HERNÁNDEZ y ROBERT HARVEY, dos artistas que desempeñan su actividad en dos pequeños pueblos de la provincia de Málaga (Villanueva del Rosario y Macharaviaya). Visión particular de su obra relatada en primera persona por los propios protagonistas.

 


viernes, 22 de agosto de 2014

Edward Hopper en el cine

Trece pinturas de Edward Hopper cobran vida para contarnos la historia de una mujer que vive una realidad que no acepta.

Shirley es una mujer atractiva, carismática, comprometida y emancipada a la que le hubiese gustado cambiar el curso de la historia a través de su involucración profesional y sociopolítica. Una mujer que no acepta la realidad de la época que le ha tocado vivir - la América de los años 30 a los años 60 - y que se aferrará firmemente a sus convicciones.

 



viernes, 8 de agosto de 2014

Aniversario do museo Quiñones de León - PARABÉNS -

O MUSEO QUIÑONES DE LEÓN CUMPRE O SEU 77 ANIVERSARIO
O MUSEO MUNICIPAL CUMPRE HOXE SETENTA E SETE ANOS DE APERTURA ININTERRUMPIDA





 No ano 1937, un día como hoxe (22 xullo), en plena guerra civil española, o Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" abría as súas portas.

Loxicamente daquela a situación era ben difícil e o museo apenas tiña obras que presentar ao seu público. Parcialmente o Legado de D. Poli...carpo Sanz. O exiguo, mais xeneroso, depósito do Museo Nacional do Prado. Algún cadro de autor galego, maiormente vigués; e tamén algún que outro recordo do pasado remoto da cidade.

Transcorridos setenta e sete anos, o Museo de Vigo segue aquí, aberto, mellorado, con coleccións amplísimas e variadas, das mellores da comunidade galega.
Cómo foi posible ese milagre?

Son tempos, como daquela, igoalmente de crise, difíciles... Pero igoalmente, como daquela, cheos de esperanza e de entusiasmo. Mirando xa para o centenario, e para o museo moderno e necesario que a sociedade viguesa demanda.

Desde aquí agradecemosvos a todas e todos, vigueses e foráneos, que o sigades facendo posible.

Agardámosvos!

viernes, 20 de junio de 2014

Manuel Teira é unha persoa Teirizada por outros moitos Teiras que habitan no seu universo.




 
 
Quen é o artista Manuel Teira Luaces?.

         Manuel Teira como tal non existe, en tal caso é unha suma de varios individuos, ou mellor diría eu, de seres que  con diferentes aspectos e distintas formas de pensar viven no mesmo edificio sen deixar nunca de ser nenos, e abocados ao mundo da imaxinación, a adiviñar aquilo que aínda está por chegar. En tal caso, Manuel Teira é unha persoa Teirizada por outros moitos Teiras que habitan no seu universo.

A quen está dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?.

          Penso que ao principio a obra xurde, non sabes aínda moi ben que facer con ela, logo, a obra necesita comprenderse, necesitas aprender a mirar e a sobrevivir con ela, a ver, e entón a obra comeza a ocupar ese lugar e comezas a entender o seu dircurso, e sentes esa necesidade de asociala a algo determinado, aínda enténdendo por  veces coexiste nela unha certa inutilidade da arte, e non me refiro a unha inutilidade estética, senón, a unha inutilidade obxectiva. A miña obra, coido que convida a abrir ben os ollos, hai en toda ela unha certa linguaxe subxectiva que nos convida ao viaxe e á reflexión, é unha obra cargada dun profundo simbolismo erótico, o erotismo para min na arte é coma o aire, aí radica o centro e o pálpito da vida. É verdade, que en moitas das miñas pezas queda ben definida a miña preocupación polo meu país e pola miña cultura, creo que esa preocupación latexa constamente na respiración da miña obra.
  
 
 

Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a túa obra?.

          Penso que máis ca gustar, ás persoas interésalles a miña obra, é posible que a miña obra comunique ben, hai nela unha forte pulsación  e unha conxugación do traballo creativo co sentido do oficio ben elaborado, iso resulta curioso e no fondo é moi atrainte , e noutro contexto, coido que ese sentido estético da provocación e da reflexión son un bo mecanismo de atracción para quen a contempla e coido que non pasa indiferente para ninguén.
 
 

Que relación existe entre a túa pintura e a túa escultura.

           Toda a arte está cinguida polo mesmo tronco,no fondo todo cambia bastante menos do que parece, na vida das esculturas e no seu proceso subxace no fondo o debuxo e tamén a pintura, eu podería definirme coma un artista que cando debuxa ou pinta  o qu estou é facendo escultura cos meus debuxos, ou coa miña pintura, polo tanto, nunca deixei de facer escultura cando pinto, e nunca deixei de facer pintura cando tallo, ademais, na miña escultura, en moitas das miñas obras está incorporada  a policromía , pensó que esa relación xa ao di todo, tan só cambia a técnica, que para un artista non debe ser ningunha barreira á hora de enfrontarse ao proceso creativo…


 
ORIXE. (ORIXE).
Mármore de Macael.
Medidas, 29X12X10



 
Ilustración Ballesteros 
 
En escultura buscas o material concreto para a obra que tes pensada, o esta é independiente do material empregado.

            No proceso de elaboración da escultura danse moitas circunstancias, e tamén é verdade que cada escultor segue o seu camiño, e na escolla do material pasa o mesmo, eu traballo normalmente con granito, con bronce e con arame, e no fondo, as miñas obras créanse normalmente en función da escolla do material, o material sempre condiciona unha obra, a obra sempre é cambiante en función do material que se vaia a empregar, penso que o éxito final da obra vai en función do material que se use para a súa elaboración, e senón é completamente determinante, si que ten moitísima importancia.
 
 
MUSA DE NOVA YORK. ( MUSA DE NEW YORK  )
Granito país.
Medias. 66X33X26.
 

Que te gustaría aportar á comunidade da arca  da arte.

            É verdade que neste mundo globalizado, cunha arte que cada vez se asemella máis, é na que nos custa marcar diferencias, resulta complexo aportar algo novidoso, pero en todo isto, hai algo que nos diferencia de todo o demais, que ben sendo a mirada do artista, por iso, a arte sempre perdurará por enriba da todo, sempre estárá aí abrollando no lugar máis insospeitado, e para iso está a nosa mirada, cada mirada é unha maneira distinta de crear, os universos creativos van parellos aos ollos, e penso, que á comunidade da Arca da arte, recomendaríalle abrir os ollos e mirar, participar nesa exploración e ollar con sensibilidade, non importa o motivo, importa como se interpreta, se miramos e vemos, estamos salvados.

 
 
PAISAXE XAPONÉS. ( PAISAJE JAPONÉS ).
Soporte de madera lacada,
con instalación en alambre policromada.
Medidas, 120X90 X35



 
Manuel Teira na súa casa

 

lunes, 2 de junio de 2014

Exposición - Subasta Solidaria Ateneo Ferrolán

Exposición – Subasta Solidaria:
“Somos Cultura, Somos Imaxe, Somos Artes Plásticas”






Este mes de xuño, a quenda é para a pintura, a fotografía e as artes plásticas, que encherán de obras, a sala de exposicións baixo o nome O Ateneo somos cultura. Somos imaxe. Somos artes plásticas.

Permanecerá aberta á participación en todo momento. Dende a súa inauguración o día 2 de xuño ata a súa clausura o 27 do mesmo mes, os autores que o desexen poderán doar as súas obras e sumarse á iniciativa.

Outro motivo que fai diferente a exposición é a posibilidade de puxar polas distintas obras. Un exemplo: paséaste pola sala e namóraste perdidamente dunha peza de Suso Basterrechea, ou dun Patinha, ou da lámina de Siro. Miras o seu prezo de saída, parécete ben -e máis aínda ao destinarse o recadado a salvar o Ateneo-, anotas os teus datos e vas facendo un oco na parede ata o último día da exposición.

Chegas o venres 27 de xuño, preparado para levarche o teu cadro baixo o brazo e oh, sorpresa!, catro persoas máis namoráronse del e aumentou o seu prezo. Así que, ou te resignas, ou te resgas un pouco máis o peto.

Ata o momento, a exposición conta con obras de Manuel Patinha, Alfonso Costa, Tino Poza, Suso Basterrechea, Luis Rapela, Spela Trobec, Jesús Balado, María Manuela, Miguel Anxo Varela, Carmen Martín, Eduardo Pereira, Anxo Alvarez, Xaquín Marín, Siro López, Manolo Rei, Fátima Fernández, Carlos Pereira, Isabel Pintado, Tonia Vázquez, Delio Sánchez, Mª José Leira, Alejos ....

Pero calquera artista pode sumar a súa obra ás anteriores, sexa unha figura consolidada ou un afeccionado; así haberá prezos alcanzables e poderase chegar a máis público, á vez que se promove os novos autores.


 
Xaquín Marín
 
 
 
Jesús Balado
 
 
 
Mª José Leira
 
 
 
 

jueves, 24 de abril de 2014

viernes, 11 de abril de 2014

Pretendo transmitir paz y alegría.



¿Quién es el artista Manuel Cerviño?

Es un artista que nace y reside en Bueu. Ha trabajado en el servicio de Medio Ambiente en la Isla de Ons durante seis años, y actualmente sigue en la Xunta de Galicia en el Centro de Investigaciones Forestales en Lourizán de Pontevedra.



¿A quién está dirigida tu obra y cuál es el mensaje que quieres transmitir?

Mi obra está dirigida a todos los públicos y, con ella, pretendo transmitir paz y alegría.



Barca na Praia Rualeira (Combarro)
Año: 2012
Técnica: Oleo sobre Lienzo
Tamaño: 82 x 65 cm
 

 

¿Por qué exponer tú obra en estos momentos? y ¿qué te motivó en su día a lanzarte al mundo artístico?

Expongo mi obra en estos momentos porque necesito mostrar a la gente como son los paisajes de mi tierra. Me motive a lanzarme al mundo artístico a raíz de trabajar en la Isla de Ons y ver sus espectaculares paisajes. Quise plasmar en pintura toda la belleza y colorido que había en este entorno.


 
¿Cuál crees que es el motivo de que a la gente le guste la pintura de Manuel Cerviño?

Pienso que a la gente le gustan mis pinturas porque pinto paisajes marineros con mucho colorido.


 
Punta Mourisca (Bueu) Año: 2009
Técnica: Oleo sobre Lienzo
Tamaño: 61 x 46 cm
 

 

¿Te identificas con algún estilo artístico de los artistas gallegos en concreto?

Pues la verdad es que nunca me había parado a pensar que mi estilo de pintura se pareciese a algún pintor en concreto, creo que es un estilo propio, o sea que me atrevería a decir que yo pinto al estilo de Manuel Cerviño.



¿Qué quiere transmitir Manuel Cerviño con sus cuadros?

Simplemente quiero externalizar tranquilidad que me transmiten los paisajes que tengo la suerte de disfrutar, así como los tan necesarios momentos de felicidad que ello conlleva.



Árbol de la vida
(2do Premio Certamen de Arte "El lado femenino de la Vida" Pontevedra)
Año: 2013
Técnica: Oleo sobre Lienzo
Tamaño: 55 x 46 cm


 
 

Supongo que conoces la tendencia denominada Speedy painting, que consiste en el "Boceto" o "Ejercicio" realizado en el proceso previo de creación de una imagen utilizando medios digitales o medios tradicionales como el Dibujo y la Pintura. Teniendo en cuenta hacia dónde camina la forma de crear y pintar.

¿Cómo concibes esta nueva forma de pintar? ¿La integras en tus cuadros?

Sí, esta forma de pintura la utilizo, pues primero hago un boceto y después voy añadiéndole poco a poco más detalles y más color.




Fervenza do Río Picón
Año: 2012
Técnica: Oleo sobre Lienzo
Tamaño: 100 x 64,5 cm

 

¿Qué te gustaría aportar a la comunidad del arca del arte para nuestros seguidores?

Lo que busco es seguir aprendiendo de otros compañeros artistas y si, además, a alguien le aporta algo mi humilde obra pues mejor que mejor.




Renacer
(1er Premio Certamen de Arte "A Mama e a Imaxe Corporal" Pontevedra)
Año: 2012
Técnica: Oleo sobre Lienzo
Tamaño: 55 x 46 cm
 

sábado, 15 de marzo de 2014

Non levo un guión preescrito; diante dun lenzo, deixo voar as miñas mans.

 
 
 



  Quen é a artista Chus Láuzara?

Chus Láuzara é unha muller sinxela, amante dos seus, do arte en todas as súas facetas, da natureza … nunha soa frase: amante da vida.

Un dos xeitos que Chus Láuzara, ten de  amosarse, é plasmando cos seu pinceis, todo aquilo que leva no seu ser máis mergullado.


 
A quen está dirixida a túa obra e cal é a mensaxe que queres transmitir?
Nun principio a miña obra non está dirixida a ninguén en especial, posto que cando escomenzo algún traballo, non o fago pensando senón en min mesma, en deixarme levar polo meu estado de ánimo,  xeralmente non levo un guión preescrito; diante dun lenzo, deixo voar as miñas mans, que sexan elas xunto coas cores da miña paleta, as que decidan coma vai ser  a miña conversa, o meu poema… a mensaxe  que eu transmita  en cada unha das miñas obras, sempre vai ser a mesma que eu estea a sentir neses intres, respecto da sociedade, da natureza, da beleza…



Soportais do Berbés II
Acuarela 32x41 cm.
 



Por que expor a túa obra nestes intres? e, que te levou no seu día a lanzarte ao mundo artístico?
 

Nestes intres en que toda a sociedade está a percura da súa verdade, de atopar un mundo máis xusto ,  eu tento de expresar o meu parecer coma millor o sei facer, xa que as miñas armas  na loita  son o meu corazón é as miñas mans, a miña palabra silenciosa en toda esta voraxine  que nos tocou vivir.

A primeira ocasión que amosei as miñas pinceladas, foi precisamente, cos aconteceres que estabamos a sofrir no noso Oceano. 

Cando un buque de nome Prestige, tinguiu  o noso mar e as nosas costas, dun noxento e fedorento chapapote…

Cada dia que eu acodia a algunha praia a sacar aquilo, era un dia máis de rabia, que soamente podía acougala, collendo un lenzo e plasmando a oración que eu sabia me facía ben.

Hoxe en dia, por desgraza para a nosa sociedade, temos moitos Prestiges en todos los ámbitos  das nosas vidas, así que non queda outra que seguir cara adiante e lembrar quenes somos e de onde vimos, para así atopar o camiño cara onde témonos que dirixir.

 
 
Noite / Día
  Serigrafía 32x41 cm
 



Cal cres que é o motivo de que ás persoas lle guste a pintura de Chus Láuzara?
 
 Precisamente polo dito antes, é polo que creo que as miñas pinturas lle gustan á xente, porque ao fin lémbrannos quenes somos, de onde vimos, coma nos fixemos…cousa que na voraxine da vida actual, cada vez esquecésenos máis de presa.



 
Glicinas
Serigrafía manipulada. 50x40 cm 

 
¿Te identificas con algún estilo artístico de los artistas gallegos en concreto?

Gosto de todos é cada un dos meus ancestros, dende a  Xeración doente a Xeración dos Renovadores, ate os contemporáneos; non podo dicir se me identifico máis con un ou con outro estilo e polo tanto trato de beber de cada un deles. Téñolles moito respecto, así que non son quén de dicir gostame máis isto ou aquilo, seguirei a ollar o seu traballo sen pretender copiar o seu rumbo, supoño que nunca me poderei medir de igual a igual.

 
Que quere transmitir Chus Láuzara cos seus cadros?

Coma xa dixen en liñas anteriores, non pretendo senón amosar un estado de ánimo, unha lembranza, un buscar no millor e menos violento camiño que nos leve cara a xustiza, a igualdade o sentirmos ben con nos mesmos e sobor de todo quero transmitir aquel agarimo que todos necesitamos nalgún intre das nosas vidas, que cada quén que olle un dos meus traballos goce dun benestar xeral, que lle faga respirar fondo.


Supoño que coñeces a tendencia denominada speed painting, que consiste no “Bosquexo” ou “Exercicio” realizado no proceso previo de creación dunha imaxe utilizando medios dixitais ou medios tradicionais como o Debuxo e a Pintura. Tendo en conta cara onde camiña a forma de crear e pintar. Como concibes esta nova forma de pintar. Integralas nos teus cadros?
 

Si, o coñezo, de feito tiven a oportunidade de traballar no film O Pequeno Mago. Foi a primeira vez, o meu primeiro contacto co Speedy painting, despois disto, xa case que é inevitable non seguir traballando  cos medios que temos ao noso alcance, e que nos deixan ver o remate dunha obra cando aínda só é unha idea.


Que che gustaría aportar á comunidade da arca da arte?

Esta é unha pregunta moi difícil xa que cando eu traballo non busco senón aportar benestar a todos aqueles que desfutan tanto coma eu desfruto traballando, xogando co as cores, as texturas… É unha pregunta con trampa, non sí?

 

 
O Berbés
Serigrafía tres tintas 50x40 cm  
 
 
 
 
O seus blogs: